HomesociedadeEn marcha: Prende! Bota raíces no rural

En marcha: Prende! Bota raíces no rural

A Deputación de Lugo inicia o proceso de formación do alumnado do plan provincial Prende! Bota raíces no rural, un programa que ten como obxectivo crear emprego xuvenil e fixar poboación nas zonas menos poboadas da provincia. A especialidade de Hostalería e Turismo, na que participan 14 alumnos impártea a Asociación de Hostalería de Monforte de Lemos.

Publicado o

- Advertisement -

Un total de 50 alumnos e alumnas comezan este luns, 15 de xuño, o período teórico nos 4 cursos de formación especializados e, a principios de xullo, iniciarase un de autoemprego. Debido á situación derivada da Covid-19, as sesións terán unha modalidade mixta, cunha parte telemática e outra presencial.

As especialidades son: Hostalería e Turismo, no que participan 14 alumnos e que vai impartir a Asociación de Hostalería de Monforte de Lemos;  Agricultura e Gandaría,  participan 8 alumnos, darao Unións Agrarias na Granxa Gayoso Castro; Medio Ambiente, a formación a 9 alumnos será en Pedrafita do Cebreiro a cargo da Asociación Sectorial Forestal Galega; Enerxía e Auga impartirase no Valadouro, participarán 13 alumnos e corre a cargo da Asociación Empresarial Eólica; e, por último o de Autoemprego, que realizará a formación a asociación de Xoves Empresarias e Empresarios da Provincia de Lugo.

Estas formacións teóricas rematarán o 13 de xullo e darán paso ao período práctico. Na  segunda fase do programa, a Deputación concederá axudas a empresas vinculadas cos anteriores sectores produtivos para que contraten durante 8 meses aos mozos e mozas que recibiron a formación, e poidan así adquirir experiencia laboral. O importe da axuda que recibirán as empresas será de 4.410€ por cada persoa contratada.

Pola súa banda, os traballadores e traballadoras contratados percibirán como mínimo 900€ ao mes. Ademais, a aqueles participantes no programa que decidan emprender, a Deputación concederalles unha axuda de 5.510€ para poñer en marcha o seu proxecto empresarial. Este plan de emprego conta cun orzamento de 300.000€ achegados nun 92% polo Fondo Social Europeo.

ÚLTIMAS

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...

Marta Marqués e Alberto Fidalgo, campións galegos de Marcha Nórdica

Manzaneda acolleu o pasado 3 de outubro a 2ª Copa Galega de Marcha Nórdica,...

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...