HomesociedadeO BNG de Sarria reclama ampliar ao rural a resposta institucional ás...

O BNG de Sarria reclama ampliar ao rural a resposta institucional ás agresións machistas

O BNG de Sarria reclama a ampliación do servizo da Oficina de Asistencia ás Vitimas de Delictos Violentos e contra a Liberdade Sexual (AOVD) ás comarcas rurais. A formación nacionalista presentará ao vindeiro pleno unha moción na que se insta á corporación a demandar a extensión a todo o territorio deste servizo de asesoramento xudicial que, ata agora, só conta con oficinas nas sete cidades galegas.

Publicado o

- Advertisement -

Os nacionalistas consideran que a Oficina de Atención ás Vítimas é un servizo fundamental no caso de agresións machistas nas que os procedementos xudiciais son especialmente dolorosos para as vítimas . “O acompañamento profesional que ofrece a Oficina de Atención ás Vítimas durante a denuncia e durante o proceso nos xulgados pode axudarlles a encarar mellor estas situacións”, explica o voceiro do BNG, Efrén Castro.

O BNG pide máis medios, persoal e formación específica en todos os ámbitos nos que o persoal traballa na prevención e atención ás vítimas, xa que considera que moitas veces a resposta institucional xenera sensación de inseguridade e indefensión.

A moción demanda tamén a “condena das actuacións e decisións institucionais que, por acción ou omisión, causan sensación de indefensión e inseguridade nas vítimas” e reitera reclamacións que a formación nacionalista ten feito nos distintos foros nos que ten representación: a creación dun xulgado de violencia de xénero específico para Lugo e a reformulación e ampliación da rede de Centros de Información á Muller (CIM) co fin de que poidan ofrecer asesoramento a vítimas de agresións sexuais.

ÚLTIMAS

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...

Marta Marqués e Alberto Fidalgo, campións galegos de Marcha Nórdica

Manzaneda acolleu o pasado 3 de outubro a 2ª Copa Galega de Marcha Nórdica,...

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...