HomesociedadeA Domusvi de Bóveda súmase ao Resistiré

A Domusvi de Bóveda súmase ao Resistiré

De 27 casos activos a finais de abril e celebrar en vídeo co Resistiré que non teñen contaxiados da Covid19.

Publicado o

- Advertisement -

O centro de atención a persoas con dicapacidade, Domusvi de Bóveda, foi un dos centros no que a Covid19 tivo máis incidencia chegando a rexistrar 27 casos activos a mediados de abril.  O centro que conta con máis de 200 persoas, confirmaba o día 7 de abril casos de traballadores e usuarios con Covid19 e o 26 de abril coñecíanse novos casos resultado das probas realizadas neste centro, dando 16 usuarios e 11 traballadores infectados. Os pacientes estiveron illados e, en xeral, non presentan complicacións.

A finais da segunda semana de xullo, a Domusvi, que levaba tempo sendo o único centro do sur da  provincia de Lugo con casos activos, comunicaba a curación do último caso e agora o centro dá a coñecer o vídeo no que participan traballadores e usuarios, celebrando non ter contaxiados da Covid19. O tema escollido, Resistiré.

Hoxe pregúnteille a Fernando un gran profesional que dirixe o centro Domusvi,no Concello de Boveda,Que coida de persoas en distintas situaciacións, como definirías o teu traballo é o do teu equipo? É dixome:Eu creo que o que define a nosa labor e: respeto, compromiso,, profesionalidad sempre con humanidade. Sen fuxir nunca dos problemas xa que iso xeneraria mais problemas. PD: Grazas por tanta vocación é compromiso Centro Domusvi

Publicada por Rubén Riós en Jueves, 18 de junio de 2020

ÚLTIMAS

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...

Tomé Roca formaliza a súa renuncia como Presidente da Deputación e o BNG esixe a súa dimisión

De conformidade co disposto no artigo 52 do Regulamento Orgánico da Deputación de Lugo,...

27 e 28 de decembro, Mercado de Nadal en Quiroga

Coa finalidade de dinamizar o comercio local e incentivar o sector da artesanía o...