HomesociedadeRenóvanse as condicións de uso das pistas da Pinguela e Quiroga abre...

Renóvanse as condicións de uso das pistas da Pinguela e Quiroga abre prazo para os campamentos de verán

Monforte amplía as condicións de uso das pistas da Pinguela e o Concello de Quiroga abre o prazo, do 22 ao 30 de xuño, para inscrición previa para a posible realización dos Campamentos de Verán.

Publicado o

- Advertisement -

A condicións de uso das pistas da Pinguela serán as seguintes:

  1. Poderá acceder á instalación calquera cidadán que desexe realizar unha práctica deportiva, incluídos os deportistas de alto nivel, de alto rendemento, profesionais, federados, árbitros ou xuíces e persoal técnico federativo.
  2. A actividade deportiva non requirirá a concertación de cita previa coa entidade xestora da instalación (Concello de Monforte), senón que poderá utilizarse de xeito libre.
  3. A instalación abrirá de luns a venres non festivos entre as 9:00 e as 21:00 h.
  4. Na instalación deportiva permitirase tanto a práctica de actividade física e deportiva federada como non federada.
  5. A práctica de actividade física e deportiva, ó aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico, e ata un máximo de 25 persoas de forma simultánea.
  6. Con carácter xeral, non se compartirá ningún material e, se isto non fose posible, garantirase a presenza de elementos de hixiene para o seu uso continuado.
  7. Antes de entrar e ao saír da instalación, deberán limparse as mans con xel desinfectante dispoñible na instalación.
  8. Os técnicos, monitores ou adestradores deberán manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros ou, na súa falta, utilizar máscara.
  9. Utilizarase máscara durante o tempo de circulación entre espazos comúns e na entrada e saída á instalación, salvo que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal.
  10. Para controlar os accesos delimitarase unha zona de entrada e unha zona de saída perfectamente diferenciadas.
  11. Non se permite a utilización de baños nin vestiarios. Os deportistas deberán acceder coa roupa deportiva da casa.

campamentos verán quiroga

Desde o luns, día 22 e ata o 30 de xuño  estará  aberto o prazo para realizar a inscrición previa de nenos e nenas que  estiveran interesados en asistir  aos campamentos de verán que se desenvolverían nos meses de xullo e agosto. A documentación para a inscrición previa poden retirala na Casa da Cultura.

Este ano dada a situación  de  crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, estase a traballar na elaboración dun protocolo de actuación para o desenvolvemento dos campamentos de xeito seguro. Isto levará consigo cambios nas actividades a ofrecer, no número de participantes  e  tamén nas condicións de admisión.

ÚLTIMAS

O PP provincial esixe prazos para o arranxo da N-540

Os populares preguntaban sobre a data efectiva de comezo e as obras executadas ata...

Como limpar os montes e evitar lumes ao carón das casas?

A Xunta ofrece plantas específicas nestas franxas secundarias para evitar incendios. Os propietarios teñen...

Cantos de Taberna no Saviñao

O Concello do Saviñao organiza unha nova edición de Cantos de Taberna para ambientar...