IniciosociedadeMedidas para promover unha peregrinación segura

Medidas para promover unha peregrinación segura

O titular de Cultura e Turismo da Xunta lembra que a reapertura gradual dos establecementos é unha decisión consensuada cos axentes implicados e que ten por obxectivo garantir a atención aos peregrinos en cada itinerario e, ao mesmo tempo, potenciar a reactivación económica dos establecementos privados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os albergues públicos do Camiño comezan a abrir e disporán dunha capacidade máxima do 50%, mentres que nos privados poderá ser de ata o 75% co obxectivo de fomentar a reactivación económica do sector tras os meses de inactividade a causa das restricións por mor do coronavirus. 

Estase rematando a instalación de cartelería informativa coas principais recomendacións contra o coronavirus e provendo aos establecementos de materiais de protección como xeles e solucións desinfectantes, papeleiras de pedal, luvas ou bolsas. Do mesmo xeito, procedeuse xa a inutilizar as prazas que non serán ocupadas, haberá sinalización indicativa para garantir as distancias nas zonas de uso compartido e restrinxirase o uso de servizos comúns. Na posta en marcha destas medidas, o Goberno galego encárgase de dar soporte tanto aos concellos como as asociacións que xestionan unha vintena de establecementos da rede pública. 

Reapertura gradual do Camiño 

“O noso obxectivo é que os peregrinos que volvan á Ruta Xacobea poidan facelo coas maiores garantías de seguridade posibles”, sinala o conselleiro de Cultura e Turismo, que lembra que este mércores abren as súas portas a Catedral de Santiago e o Centro Internacional de Acollida ao Peregrino, onde se expide a Compostela.

Desde este 1 de xullo a totalidade dos establecementos públicos estarán listos para, en caso de que se detecte unha necesidade por parte da Xunta, dos concellos polos que transcorre o Camiño ou o propio sector, poidan retomar a súa actividade de xeito inmediato. En calquera caso, a previsión é que o 1 de setembro todos os albergues estean xa operativos.

peregrinos Sarria / vivecamino.com

Co fin de dar garantías aos peregrinos no actual contexto sanitario, tamén se habilitará un sistema online de reservas, que convivirá coa posibilidade de solicitar praza presencial ao chegar aos albergues sempre que dispoña de capacidade. Así, os peregrinos poderán reservar cama desde o día anterior ata as 13,00 horas do día da pernoita. A partir desa hora, se o albergue dispón de prazas libres, estarán a disposición dos peregrinos que cheguen, facéndoo así compatible a reserva previa co espírito de acollida máis tradicional.

No marco do programa Camiño Seguro, nas últimas semanas impartíronse diversos cursos de formación online en materia hixiénico-sanitaria para albergueiros, nos que participaron máis de 300 profesionais, o que amosa o seu compromiso por ofrecer un servizo de calidade en espazos de seguridade. Igualmente, dispoñen dun servizo gratuíto de asesoramento. As empresas e profesionais que o precisen poden chamar ao 900 815 334 de luns a venres, de 10,00 a 14,00h. e de 16,00 a 20,00h. ou enviar un correo electrónico á info-galiciadestinoseguro@xunta.gal. Con esta mesma finalidade, os albergues privados dispoñen dunha liña de axudas para o sector turístico, dotada con 5,9M€.

ÚLTIMAS

RIOTORTO, EPICENTRO DA ARTESANÍA DO FERRO DE GALICIA

A XV Feira de Artesanía do Ferro foi presentada o pasado 18 de abril coa presenza...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...