HomesociedadeA exposición pública os proxectos da Ponte Nova do Malecón de Monforte

A exposición pública os proxectos da Ponte Nova do Malecón de Monforte

A exposición permanecerá aberta na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte ata o 13 de xullo, os días laborables de 10 a 14 horas, e polas tardes de 17 a 21 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este día 1 de xullo quedou inaugurada a exposición pública dos 7 proxectos presentados ó concurso de ideas da Ponte Nova de Monforte sobre o río Cabe, e que se fallou ó pasado 25 de xuño a favor da empresa lucense Monsa Urbanismo SL.

“Tal e como tiñamos comprometido”, indicou o Alcalde, “hoxe damos a coñecer as 7 propostas presentadas a este concurso mediante exposición pública para que todos veciños e veciñas de Monforte as poidan coñecer, especialmente a proposta gañadora escollida, que baixo o título de “Mercedes”, foi presentada pola empresa lucense Monsa Urbanismo SL.”

Para a visita será necesario respectar as medidas de seguridade e hixiene así como o límite de aforo establecido na Casa da Cultura por mor do COVID-19. A exposición dos 7 proxectos está ordenada segundo as puntuacións recibidas por cada un deles, ordenados de maior a menor puntuación. 

Cabe recordar que a orde das puntuacións foi a seguinte:

  1. MERCEDES, de Monsa Urbanismo S.L. (Lugo)…………………………………….643 puntos
  2. CAMIÑOS DA PONTE NOVA, de Proyectos y Obras de Estructuras e Instalaciones S.L.(Vigo)…………………………………………………………………………………………… 578 puntos
  3. ALBO100, de Adriana Rodríguez González (Ferreira de Pantón, Lugo)…. 566 puntos
  4. MONFORTEFERRO, de Consultora de Ingeniería, Medio Ambiente y Arquitectura SL. Cimarq SL (A Coruña)……………………………………………………………………….518 puntos
  5. LEMBRANZAS, de Temha S.L. (José Antonio González Meijide, Oleiros, A Coruña) ………………………………………………………………………………………………………498 puntos
  6. XEITO, de Fhecor Ingenieros-Consultores SA (Javier Dorrico Liz, Madrid) …………………………………………………………………………………………………….. 453 puntos
  7. UNHA BALCONADA ENRRIBA DO RÍO CABE de Francisco Valiente. Arquitecto Ingeniero S.L.(Valencia)………………………………………………………………………………… 449 puntos

ÚLTIMAS

O xeodestino Ribeira Sacra preséntase en Fitur na xornada inaugural deste 22 de xaneiro

Este 22 de xaneiro comeza unha nova edición de FITUR e será na primeira xornada...

O Programa de Teatro de Monforte ábrese este 30 de xaneiro

A programación iniciarase o xoves, 30 de xaneiro, coa obra As gardiás, espectáculo para...

Dous detidos en Chantada por agresión sexual a unha muller con discapacidade

Segundo trasladaron fontes próximas á investigación, os arrestos producíronse na xornada do luns no...

Exposición escolar de banda deseñada na Biblioteca do Saviñao

O obradoiro de Estefanía Padullés, Atrévete a facer o teu propio libro, do Programa...