Homesociedade77 casos de Covid19 na provincia, mentres o hospital monfortino segue a...

77 casos de Covid19 na provincia, mentres o hospital monfortino segue a 0

A provincia de Lugo é despois da área sanitaria de Vigo a de máis incidencia de coronavirus en Galicia, despois do rebrote da Mariña.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este venres, 3 de xullo, a provincia de Lugo conta con 77 casos activos de coronavirus, 13 máis ca onte. Mantense o número de hospitalizados con 2 no Hospital Público da Mariña e 1 no HULA.

Os casos positivos na Mariña son 59, 12 máis ca onte, segundo a Consellería de Sanidade, “a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve”, e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días.

74 persoas están nos seus domicilios, na provincia de Lugo, con diagnóstico positivo de Covid19, 13 máis ca onte, coincidindo con novos casos confirmados. A día de hoxe a provincia leva contabilizados 1.031 casos, incluíndo altas e falecementos.

O número de casos activos de coronavirus en Galicia está en 318, 122 corresponden á área de Vigo –sen cambios con respecto a este xoves–; 63 á da Coruña e Cee –dez menos–; 24 á de Santiago e Barbanza –igual–; 17 á de Ourense –un menos–; 77 á de Lugo –13 máis–; 10 á de Ferrol –sen cambios– e cinco á de Pontevedra –un menos–.

ÚLTIMAS

Inscricións abertas para participar na III San Silvestre que se correrá en Chantada o 26 de decembro

As inscricións están abertas a través da web www.ccnorte.com, ata as 23:59h. do día...

As Oficinas de Retorno itinerantes atenderon a máis de 4000 persoas na provincia

Na provincia de Lugo o servizo leva atendidas xa máis de 4.000 persoas desde...

Recomendacións para a veciñanza ante os recentes roubos en Pantón

Desde o PSdeG de Pantón agradecen a rápida resposta e a sensibilidade da Subdelegación...

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...