HomesociedadeMáis da metade dos positivos de Galicia en Covid19 están na provincia

Máis da metade dos positivos de Galicia en Covid19 están na provincia

256 casos activos de Covid19 en Galicia, dos que 151 están na provincia de Lugo. Na Mariña ralentízase o aumento de casos, con 3 novos casos este martes, pero aumenta o número de hospitalizados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este martes, 7 de xullo, a provincia de Lugo conta con 151 casos activos de coronavirus, 8 máis ca onte. Mentres na Mariña documéntanse 121 casos activos ao confirmarse 3 novos positivos e terse dado 10 altas. No Hospital da Mariña seguen aumentando as persoas infectadas hospitalizadas e xa son 5 que máis un hospitalizado no HULA fan as 6 persoas hospitalizadas na provincia por Covid19.

Segundo expuxo este martes o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tres municipios da Mariña –Burela, Foz e Xove-, dos catorce que compoñen a comarca, concentran 108 dos 121 casos activos polo brote de Covid-19. Noutros seis concellos, que non mencionou, “hai 13 casos en total e nos cinco restantes non hai ningún”. Feijóo cifrou o número de persoas en seguimento en 942, con 279 que “xa concluíron este período”.

O número de casos activos en Galicia aumentou en 2 ata os 256 positivos, 60 corresponden á área de Vigo –uno menos con respecto a este luns–; 24 á da Coruña e Cee –seis menos–; 13 á de Santiago e Barbanza –igual–; tres á de Ourense –sen cambios–; 151 á de Lugo –oito máis–; dous á de Ferrol –igual– e tres á de Pontevedra –un máis–.

ÚLTIMAS

Inscricións abertas para participar na III San Silvestre que se correrá en Chantada o 26 de decembro

As inscricións están abertas a través da web www.ccnorte.com, ata as 23:59h. do día...

As Oficinas de Retorno itinerantes atenderon a máis de 4000 persoas na provincia

Na provincia de Lugo o servizo leva atendidas xa máis de 4.000 persoas desde...

Recomendacións para a veciñanza ante os recentes roubos en Pantón

Desde o PSdeG de Pantón agradecen a rápida resposta e a sensibilidade da Subdelegación...

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...