HomesociedadeMonforte paga as 208 primeiras axudas do Plan Reactiva

Monforte paga as 208 primeiras axudas do Plan Reactiva

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de asinar un decreto polo que se resolve a concesión das axudas englobadas no Plan Reactiva Monforte. Así comezarán a facerse efectivos os pagos correspondentes a aquelas solicitudes presentadas entre o 14 e o 18 de maio que aportaron correctamente toda a documentación requirida.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Monforte destina 144.000 euros a estas primeiras 208 axudas que teñen xa autorizado o seu pago e que se fará efectivo nos vindeiros días.

Mediante o Plan Reactiva Monforte, o Concello destina 1,4 millóns de euros en axudas provintes do actual orzamento municipal, para actuar de maneira inmediata ante as consecuencias derivadas da crise económica e social provocada polo COVID-19, e impulsar a actividade económica no termo municipal de Monforte de Lemos, outorgando liquidez ás empresas da cidade.

Plan Reactiva Monforte conta con 5 liñas de axudas que se establecen en 1.000 euros para pequenas empresas (autónomos e entidades mercantís, con ou sen personalidade xurídica propia), e 200 euros a traballadores autónomos que se viran obrigados a cesar na súa actividade con posterioridade ao 15 de marzo de 2020 e por mor do Covid-19, traballadores por conta allea que se tiveran visto afectados por un ERTE, debido o coronavirus, traballadores por conta allea que tiveran sido obxecto de despido con posterioridade ao 15 de marzo e traballadores contratados temporalmente cuxo contrato finalizase con posterioridade ó 15 de marzo de 2020, e non fose renovado pola falla de actividade da empresa debido á Covid-19.

Das 208 axudas aprobadas que foron presentadas entre o 14 e o 18 de maio, 128 corresponden a pequenas empresas (autónomos e entidades mercantís, con ou sen personalidade xurídica propia), para as que se destinará un importe de 128.000 euros80 expedientes son de traballadores autónomos, traballadores por conta allea e traballadores contratados temporalmente, para os que se destinará un importe de 16.000 euros.

No decreto asinado polo Alcalde, tamén se inclúen 97 solicitudes presentadas entre o 14 e o 18 de maio que non aportaron correctamente parte da documentación requirida polas bases da convocatoria. Os solicitantes das mesmas terán un prazo de 5 días hábiles para aportar a documentación que se lles require para poder ser beneficiarios de ditas axudas.

Para elo, están publicadas na páxina web do Concello, no enlace http://www.monfortedelemos.es/gl/plan-reactiva-monforte/gl tanto o listado dos primeiros 208 expedientes beneficiarios destas axudas como daqueles expedientes pendentes de presentar a documentación establecida polas bases do Plan. O Alcalde informa que dende o Concello séguese a traballar para tramitar o pago do resto de solicitudes presentadas o Plan Reactiva Monforte, que foron un total de 1219 solicitudes.

ÚLTIMAS

‘Metamorfose’, o novo sinxelo do artista ‘Peitoescuro’ camiño do seu primeiro álbum de estudio

O proxecto de Rubén Gutiérrez, coñecido artisticamente como 'Peitoescuro', segue avanzando. O pasado 18...

Traballo colectivo da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next para a súa posta en funcionamento

Os encontros desenvólvense os venres pola tarde coa presenza dun máximo de 20 empresas,...

O BNG de Monforte leva a pleno un punto de información turística na Compañía

Explican os nacionalistas que o tramo da rúa Doutor Casares máis próximo ao centro...

Mario Obrero presenta o libro ‘Con e de curcuspín’ este 26 de maio na Pobra do Brollón

Con e de curcuspín é un ensaio no que a reflexión lingüístico-literaria mestúrase coa...