Homesociedade"DomusVi foi unha morgue", aseguran familiares dos falecidos

“DomusVi foi unha morgue”, aseguran familiares dos falecidos

Un domingo tras outro, varios familiares de persoas usuarias da residencia de DomusVi Aldán, en Cangas, concéntranse ás portas do centro para esixir respostas, explicacións e xustiza. Claman contra a “falta de persoal” que, despois de todo, segue ameazando a saúde dos maiores que alí están ingresados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta residencia chegou a haber máis dun cento de persoas contaxiadas pola Covid-19 e un total de 38 falecidas. No conxunto do grupo DomusVi en Galicia morreron máis de 150 persoas maiores, o 60% do total de decesos que houbo nas residencias galegas desde marzo.

“DomusVi non é humano. Alí dentro non hai cariño, nin respecto, nin empatía. DomusVi foi unha morgue“. As palabras de Lupe, unha muller que perdeu a súa nai ingresada na residencia a causa da Covid, cortan a respiración. Toda a información no Xornal de Vigo.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...