HomesociedadeSarria vístese de solidariedade

Sarria vístese de solidariedade

A Asociación de empresarios e comerciantes de Sarria vén de facer entrega de material para a Cruz Vermella. O material foi froito da recadación da venda de bonos solidarios da plataforma www.acesarria.net.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A mediados do mes de abril a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria puxo en marcha unha plataforma de venda de bonos (www.acesarria.net) para apoiar ao comercio local. O obxectivo era xerar liquidez para facer fronte aos pagos, ante a falta de ingresos, coa venda de bonos que posteriormente se canxearon por produtos ou servizos.

A plataforma tivo un gran éxito de participación e foi unha fonte de motivación para os establecementos participantes. En resultados cuantitativos vendéronse máis de dez mil euros nos distintos tipos de bonos postos a venda, máis de 200 bonos, en apenas tres semanas.

Un tipo de bonos eran os bonos solidarios, os clientes que mercaban este tipo de bonos doaban o 10% que lle regalaba o comercio, para apoiar á “Cruz Vermella de Sarria”, colaborando con este organismo veciño, na loita dos efectos da COVID-19. A plataforma iniciouse con 15 establecementos que se foron ampliando ata chegar aos 24, establecementos de distintos sectores, socios e non socios da ACES.

Na entrega do material (cueiros e toalliñas) estivo presente Ricardo Arias, presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios – CCU de Sarria e Jaime Capellá, presidente Asamblea Local Cruz Vermella de Sarria.

ÚLTIMAS

Nacen as “Papeiras”, galletas elaboradas no obrador das ‘Xianas’ de Taboada

Dos creadores das Galletas Xianas de Taboada, xorden agora as galletas “Papeiras”. Unha aposta...

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...