HomesociedadeSubstitúense as varandas da praia da Cova no Saviñao

Substitúense as varandas da praia da Cova no Saviñao

Son un total de 200 metros con madeira tratada cos que se contribúe, engade Carlos Armesto, “a por en valor un espazo que é un dos máis emblemáticos da Ribeira Sacra”

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello do Saviñao iniciou esta semana a substitución das varandas da Praia da Cova. 200 metros con madeira tratada cos que se contribúe, engade o alcalde, Carlos Armesto, “a por en valor un espazo que é un dos máis emblemáticos da Ribeira Sacra”.

Deste xeito, dende o goberno local melloran o contorno desta área fluvial, situada na beira do río Miño, e que, na época estival, se converte nun dos reclamos de visitantes e de todas as persoas que durante estas semanas regresan á zona para desfrutar das súas vacacións de verán. 

“Sen ningún tipo de dúbida,  con esta actuación, tamén estamos amosando aos turistas unha praia fluvial moito máis coidada, que se suma ao románico, á gastronomía e a outros reclamos como O Cabo do Mundo, que se poden aprezar no noso municipio e, máis concretamente, na cunca do Miño”, manifesta o rexedor.

Praia da Cova varandas / Concello do Saviñao

ÚLTIMAS

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...

Marta Marqués e Alberto Fidalgo, campións galegos de Marcha Nórdica

Manzaneda acolleu o pasado 3 de outubro a 2ª Copa Galega de Marcha Nórdica,...

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...