HomesociedadeSúbete ao clube CCU Sarria e gaña

Súbete ao clube CCU Sarria e gaña

"Súbete ao clube CCU Sarria e Gaña" é o nome da campaña promocional do CCU de Sarria que se prolongará ata o 15 de setembro. Inicialmente esta campaña íase desenvolver de marzo a xullo, pero a pandemia motivou o seu aprazamento.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES)- CCU pon en marcha esta campaña a través da platafoma de fidelización da que dispón dende o pasado mes de setembro “Clube CCU Sarria”, posta en funcionamento coa colaboración da Federación Galega de Comercio.

O 21 de setembro poránse en xogo seis tarxetas prepago de 50 € para mercar nos establecementos do clube, polas compras rexistradas entre o 15 de xullo e o 15 de setembro. O sorteo celebrarase na sede da Federación Galega de Comercio de xeito telemático.

Para poder participar, os clientes teñen que estar rexistrados na plataforma “Club CCU Sarria” (é totalmente gratuito) e realizar as compras nos comercios pertencentes o mesmo clube nas datas sinaladas.

O obxetivo desta promoción é premiar a fidelidade dos clientes, e fomentar as compras e incentivar o consumo nos establecementos integrados no clube ccu sarria, e asimesmo, promocionar dito clube de fidelización, a fin de que máis establecementos e clientes se sumen ao mesmo, dadas as súas vantaxes e as campañas que organiza.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...