HomesociedadeDemandas do PP nos servizos ferroviarios da provincia e denuncia da situación...

Demandas do PP nos servizos ferroviarios da provincia e denuncia da situación de Monforte

Deputados do PP reúnense cos representantes sindicais de Renfe e Adif para consensuar as peticións ao Goberno de cara a mellora dos servizos ferroviarios na provincia e a conexión coa Alta Velocidade; peticións que se trasladarán a outras administracións. Dos 29 trens en Galicia que eliminou Renfe co estado de alarma, 22 afectan directamente a Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os deputados no Congreso por Lugo e Ourense, Jaime De Olano e Joaquín García Díez e Celso Delgado, respectivamente, acompañados da voceira do PP en Monforte, Katy Varela, e da deputada autonómica, Raquel Arias, mantiveron este venres, 17 de xullo, unha xuntanza con representantes sindicais de Renfe e Adif  para abordar “a supresión e parálise de varias liñas de tren levadas a cabo polo Goberno Central e consensuar as próximas iniciativas que os populares levarán a cabo nos vindeiros meses”. 

Deste xeito, acordaron presentar na Cámara Baixa varias propostas que se engloban en tres eixos de actuación. Primeiro, demandar do Goberno de Sánchez a recuperación das frecuencias entre Lugo-Monforte-Ourense e con outros puntos de España, de forma que este servizo non só acade o funcionamento existente antes da aparición do covid, senón que se establezan novas comunicacións como pode ser a do tren-hotel. Segundo, aumentar a plantilla de maquinistas e dotar de máis persoal outros  servizos que son deficitarios para que a calidade do servizo non sexa aínda máis precaria e, terceiro, recuperar o cronograma que deixara encamiñado o Partido Popular durante o seu mandato e que incluía unha redución dos tempos entre Lugo-Ourense e a conexión da Alta Velocidade coas variantes de Oural e Canaval, así como a electrificación das liñas e a mellora das vías.

Dende o PP aseguran que non permitián que se empregue a Covid como escusa “para seguir acabando cun servizo que, durante moito tempo, supuxo unha das principais comunicacións de Lugo e unha fonte de emprego moi importante na zona sur”.

Mocións no Senado, nos Concellos e noutras administracións

Os populares tamén farán esta petición no Senado, nos Concellos e noutras administracións, de xeito coordinado porque, co inicio do estado de alarma, sinalan que, “Renfe deseñou un plan de transporte, que incluíu a cancelación e/ou redución da súa oferta relacionada cos trens comerciais AVE, Longa Distancia, Media Distancia e Avant.”

Afirman que se eliminaron 29 trens en Galicia dos que 22 afectan directamente a Monforte de Lemos. Entre estas conexións suprimidas, destacan os trens hoteleiros que conectaban Lugo con Barcelona e Lugo con Madrid.

ÚLTIMAS

O 27 de outubro abre a nova Piscina da Pinguela en Monforte de Lemos

Esta tarde, ás 19:00 h. tivo lugar a presentación oficial das novas instalacións da...

Sober retoma polo San Martiño as Festas do Carme, suspendidas polo incendio

O Concello de Sober retomará polo San Martiño, patrón das parroquias á que pertence...

Iago Suárez: “A Xunta utiliza a Ribeira Sacra como atrezzo, pero ignora a xente que vive nela”

O deputado do BNG, Iago Suárez, reclamou esta semana na Comisión de Cultura do...

O PP pide á Deputación que arranxe a LU-P-4112 en Pantón

Os deputados populares condenan “o mal estado” desta vía de titularidade provincial “o que...