HomesociedadeO programa de emprego Montañas do Courel forma e emprega a 16...

O programa de emprego Montañas do Courel forma e emprega a 16 persoas

O programa Montañas do Courel, impulsado por Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil terá 16 persoas alumnas e conta cun orzamento de 369.500 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para aprobar os programas definitivos, a Xunta tivo en conta criterios como que o municipio beneficiario fose resultado dunha agrupación, fusión ou que se tratase dun Concello Emprendedor. Tamén se valorou que os proxectos estivesen relacionados coas TIC e coa economía dixital e que gardasen relación co tecido empresarial do territorio, así como as posibilidades de inserción laboral.

Está previsto que o programa se active ao longo deste mes para o que será necesario levar a cabo unha selección dos participantes a través das oficinas de emprego, nas que se terá en conta a idade, a experiencia laboral previa, a permanencia en situación de desemprego ou o nivel de cualificación. Darase prioridade a aquelas persoas mozas que non recibiran previamente atención por parte do Sistema nacional de garantía xuvenil.

O alumnado obterá formación e disporá dun contrato de traballo. Deste xeito, os programas melloran a empregabilidade á vez que se realizan actuacións de mellora das dotacións públicas e a prestación de servizos no eido local. Os participantes percibirán un salario durante a súa participación na actividade ao longo de 12 meses.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...