HomesociedadeMellora da oferta das bibliotecas municipais do sur da provincia

Mellora da oferta das bibliotecas municipais do sur da provincia

Bóveda, Chantada, Láncara, Monforte de Lemos, Pantón, O Páramo, A Pobra do Brollón, Quiroga, Sarria, O Saviñao, Sober e Taboada son os concellos que se beneficiarán na zona sur das achegas da Xunta para esta finalidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería de Cultura e Turismo destina 80.300 euros para colaborar con 34 concellos da provincia na adquisición de novidades editoriais en galego en formato físico e para mellorar as coleccións bibliográficas de bibliotecas e axencias de lectura municipais.

Esta orde de axudas ten dúas liñas de acción. Unha delas serve para que os centros poñan ao dispor das persoas usuarias as novidades editoriais en galego no momento da súa entrada no mercado, mediante a compra de libros en formato físico.

O segundo programa vai dirixido á mellora das coleccións bibliográficas das bibliotecas, coa finalidade de actualizalas e incrementar a oferta e o servizo ás persoas usuarias, atendendo de forma especial ás campañas de verán e Nadal, nas cales se incrementa a demanda deste servizo.

Das 34 entidades locais beneficiarias na provincia de Lugo, 27 perciben axuda para os dous programas e sete exclusivamente para liña orientada a adquirir novidades editoriais en galego. O texto da resolución pode consultarse no DOG.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...