HomesociedadeTirolina do CCU de Monforte do 22 de xullo ao 5 de...

Tirolina do CCU de Monforte do 22 de xullo ao 5 de agosto

A tirolina que o CCU de Monforte instala na Praza da Compañía, estará acompañada este ano dun rocódromo e dun circuíto de obstáculos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con esta atracción turística en Monforte de Lemos, o CCU espera compracer aos seus clientes máis aventureiros do 22 de xullo ao 5 de agosto. Este ano 15 días de pura adrenalina no corazón da Ribeira Sacra!

Esta actividade ten por finalidade premiar aos clientes do CCU, polo que as entradas só se poderan conseguir facendo unha compra mínima de 10€ nalgún dos 150 establecementos asociados ao Centro Comercial Urbano de Monforte ( pica aquí para ver os negocios asociados ao CCU).

Cada entrada só dará acceso gratuíto a unha das actividades: tirolina, rocódromo, circuito de obstáculos ou… a alguna das actividades sorpresa que haberá este ano. Desde o CCU taménn fan un chamamento a estar atentos ás súas redes sociais, @ccumonforte en Instagram, Facebook e Twitter onde é posible que regalen entradas entre os seguidores e onde se poderán coñecer as actividades sorpresa que haberá este ano

PROTOCOLO COVID-19

Seguindo as recomendacións sanitarias, será obrigatorio o uso de máscara e cumprir con todas as instrucións que indiquen os membros do staff á hora de gozar destas actividades

A tirolina, o rocódromo e o circuíto de obstáculos estarán abertos ao público no seguinte horario:
– Mañás: de 10.00h a 13.00h
– Tardes/Noites: de 19.00h a 24.00h

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...