HomesociedadeJosé Manuel Calderón peregrinará polo Camiño de Inverno

José Manuel Calderón peregrinará polo Camiño de Inverno

José Manuel Calderón, que fora xogador da NBA e da Selección, peregrinará en agosto polo Camiño de Inverno na VI edición de "El Camino acaba en Obradoiro", iniciativa impulsada por Monbus Obradoiro coa colaboración da Xunta de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A iniciativa El Camino acaba en Obradoiro permite potenciar os vínculos entre o deporte e a Ruta Xacobea e que este ano fichou ao coñecido deportista José Manuel Calderón co obxectivo de reactivar a peregrinación polo Camiño de Inverno. 

A inciativa baséase en catro obxectivos: facer un documental da personaxe, homenaxear ao xogador, así como a xeración de ouro do baloncesto español á que pertence, promocionar a imaxe de Galicia e recadar fondos para fines solidarios. 

Concretamente, os fondos desta sexta edición destinaranse a apoiar a educación integral dos mozos a través do baloncesto e permitindo a posibilidade de incorporar programas na canteira do Obradoiro CAB para xoves promesas do baloncesto, independentemente da súa realidade social. 

Pola Ribeira Sacra

El Camino acaba en Obradoiro empezou a celebrarse no ano 2015 centrándose en cada ocasión nunha ruta diferente. O protagonista desta edición percorrerá o Camiño de Inverno, un itinerario cun importante potencial de crecemento ante a candidatura de Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial no 2021 e que conta cun patrimonio natural e etnográfico excepcional. 

“Calderón, igual que os resto de peregrinos que elixen este Camiño, poderá gozar durante a súa experiencia de paisaxes de enorme riqueza como a Ribeira Sacra a un ano vista do seu agardado recoñecemento por parte da Unesco”, salienta o conselleiro Román Rodríguez. 

Ao respecto, lembrou que o seu departamento está dedicando importantes recursos a este trazado, no que este ano inviste 1,5M€ en accións de sinalización, acondicionamento e mellora: “Estamos convencidos que co noso esforzo e con colaboradores como o Obradoiro e Calderón conseguiremos fomentar e impulsar as riquezas deste importante trazado”. 

O deportista comezará o seu percorrido polo Camiño de Inverno o luns 3 de agosto, cando partirá desde Monforte de Lemos ata Chantada. A continuación peregrinará ata Rodeiro para seguir avanzando, xa o mércores, ata Silleda. Na última etapa, percorrerá o tramo entre Ponte Ulla e Compostela. Durante a súa travesía está previsto que o acompañen figuras do deporte como Juan Antonio Corbalán, protagonista da segunda edición deste proxecto, Amaya Valdemoro, participante na pasada edición ou  Moncho Fernández, adestrador do Monbus Obradoiro. 

ÚLTIMAS

“Risas con perspectiva feminista” en Sarria

O Concello de Taboada acollerá este domingo 24 de maio un espectáculo de humor titulado “Risas con...

O Centro de Interpretación da Música de Raíz da Seara, anfitrión do ‘Radiovisual do Patrimonio’

No marco do proxecto 'RadioVisual do Patrimonio', no que a escola sae ao encontro...

O PP de Taboada constitúe unha xestora aberta presidida por Luis Gómez

O PP de Taboada constitúe unha xestora na que Luis Gómez García asume a...

Outro aforo completo para o ‘Marida maio’

A delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo...