HomeTerra de LemosO SaviñaoXa son 15 os contaxiados no brote do Saviñao

Xa son 15 os contaxiados no brote do Saviñao

14 persoas están en corentena nos seus domicilios.

Publicado o

- Advertisement -

O brote de orixe familiar no municipio lucense do Saviñao ascendeu a 15 casos, cinco máis con respecto aos 10 rexistrados este sábado, segundo informan fontes da Consellería de Sanidade.

Trátase dun foco familiar e o primeiro dos positivos coñeceuse este venres. Ao longo da fin de semana, os labores de rastrexo e as probas realizadas aos contactos estreitos arroxaron ata o momento outros 14 casos que permanecen en corentena nos seus domicilios.

En canto á orixe do brote, o alcalde do Saviñao, Juan Carlos Armesto, sitúao nunha comida familiar por uns aniversarios na parroquia de Reiriz. A esta celebración, segundo comentou o rexedor, asistiron persoas “procedentes de Madrid”.

Iso si, Armesto recalca que se trata dunha “sospeita”, posto que o municipio non rexistraba ningún caso de coronavirus e precisamente o primeiro positivo, xunto a outros invitados á comida, estivera na capital española.

De acordo cos datos da Consellería de Sanidade, este domingo a provincia de Lugo contabiliza 85 casos activos de COVID-19, cinco máis que este sábado que coinciden co número de novos detectados no Saviñao.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...