HomesociedadeAmplíase a ruta de autocar entre Láncara e Sarria

Amplíase a ruta de autocar entre Láncara e Sarria

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de autorizar a prolongación da liña de transporte público por autocar que, ata o momento, unía a localidade do Pacio, en Láncara, coa de Sarria. Autorízase a creación dunha nova parada ao inicio da ruta, na marquesiña da Pobra de San Xiao, desde onde continuará ata rematar no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A prolongación da ruta suporá un incremento de 6 minutos na duración total do desprazamento, que se completará entre 15 e 20 minutos. Son 4 quilómetros adicionais nunha expedición de ida e volta, que se se desenvolve, durante o período lectivo, de luns a venres con saída ás 8.10 horas e regreso ás 14.40 horas.

A prolongación da ruta entre A Pobra de San Xiao e Sarria tamén continuará fóra do curso escolar os venres en horario de 8.30 horas e regreso ás 13.30 horas.

As paradas previstas son a marquesiña da Pobra de San Xiao, O Pacio, Crecente, Santa María do Vilar, Betote, centro de saúde de Sarria, CEIP Frei Luís de Granada e IES Xograr Afonso Gómez de Sarria.

Esta medida resposta ás demandas formuladas desde a dirección do instituto de Sarria tras constatar que unha parte do alumando que finaliza os seus estudos de Secundaria no CPI Ramón Piñeiro de Láncara adoita continuar a súa formación académica de Bacharelato e Ciclos Formativos no IES Xograr Alfonso Gómez de Sarria. Ata o momento non existía ningún servizo de transporte público por autocar cun horario compatible que permitira desprazarse aos devanditos centros de ensino.

ÚLTIMAS

O ‘Camiño de Inverno Gusta:un roteiro de sabores’ chega a Pantón

O roteiro de sabores que impulsa o GDR Ribeira Sacra Courel chega á súa...

O Concello de Chantada prepara unha nova candidatura para presentarse ao Grand Prix

O Concello de Chantada decidía o ano pasado presentarse por primeira vez ao Grand...

“Aquí estivo, está e estará o paraíso do bo viño”, asegura Marcial Mouzo no pregón de Pantón

A chuvia non impediu que centos de persoas pasaran estes días pola 30 edición...

Comeza a elaboración do IV Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Monforte de Lemos

A necesidade de elaboración deste documento xustifícase porque tras as conclusións acadadas na Avaliación...