HomesociedadeAmplíase a ruta de autocar entre Láncara e Sarria

Amplíase a ruta de autocar entre Láncara e Sarria

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de autorizar a prolongación da liña de transporte público por autocar que, ata o momento, unía a localidade do Pacio, en Láncara, coa de Sarria. Autorízase a creación dunha nova parada ao inicio da ruta, na marquesiña da Pobra de San Xiao, desde onde continuará ata rematar no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A prolongación da ruta suporá un incremento de 6 minutos na duración total do desprazamento, que se completará entre 15 e 20 minutos. Son 4 quilómetros adicionais nunha expedición de ida e volta, que se se desenvolve, durante o período lectivo, de luns a venres con saída ás 8.10 horas e regreso ás 14.40 horas.

A prolongación da ruta entre A Pobra de San Xiao e Sarria tamén continuará fóra do curso escolar os venres en horario de 8.30 horas e regreso ás 13.30 horas.

As paradas previstas son a marquesiña da Pobra de San Xiao, O Pacio, Crecente, Santa María do Vilar, Betote, centro de saúde de Sarria, CEIP Frei Luís de Granada e IES Xograr Afonso Gómez de Sarria.

Esta medida resposta ás demandas formuladas desde a dirección do instituto de Sarria tras constatar que unha parte do alumando que finaliza os seus estudos de Secundaria no CPI Ramón Piñeiro de Láncara adoita continuar a súa formación académica de Bacharelato e Ciclos Formativos no IES Xograr Alfonso Gómez de Sarria. Ata o momento non existía ningún servizo de transporte público por autocar cun horario compatible que permitira desprazarse aos devanditos centros de ensino.

ÚLTIMAS

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...

Marta Marqués e Alberto Fidalgo, campións galegos de Marcha Nórdica

Manzaneda acolleu o pasado 3 de outubro a 2ª Copa Galega de Marcha Nórdica,...

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...