HomesociedadeControlado o incendio de Quiroga

Controlado o incendio de Quiroga

Permanece controlado desde as 18:50 h. deste martes, 28 de xullo, o incendio do concello de Quiroga, parroquia da Enciñeira, que se orixinou ás 2:47 h. da pasada madrugada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo as últimas estimacións o incendio de Quiroga afecta unha superficie provisional de 25 hectáreas, das cales 10 son arboradas e 15 de monte raso. Para a súa extinción lévanse mobilizado 3 axentes, 16 brigadas, 5 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 3 avións.

Retirada de medios de extinción tras dar por controlado o lume. Foto: JB (Enciñeira)

Tamén segue controlado desde as 11,52 h. de onte o lume do concello ourensán de Monterrei, no que arderon 720 hectáreas. Delas, 450 son forestais (400 rasas e 50 arboradas) e as restantes 270 ha son agrícolas. Para a extinción deste incendio lévanse mobilizado 4 técnicos, 33 axentes, 83 brigadas, 35 motobombas, 2 pas, 9 helicópteros e 12 avións, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

E ás 21,46 h. de onte quedaba extinguido o incendio rexistrado no concello ourensán de Manzaneda, parroquia de Paradela, que se orixinou ás 23,05 h. do luns. Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 23,45 hectáreas. Na súa extinción participaron 1 técnico, 5 axentes, 15 brigadas, 6 motobombas, 1 pa e 2 helicópteros.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...