HomesociedadeBóveda sen luz o 5 e 6 de agosto

Bóveda sen luz o 5 e 6 de agosto

O corte débese a traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica por parte do Grupo Naturgy

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Grupo Naturgy vén de comunicar ao Concello de Bóveda que os días 5 e 6 de agosto haberá dúas interrupcións no subministro de electricidade. Coa fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica en Fontaíña, Remesar e Vilarbuxán, estes serán os lugares nos que pode haber interrupcións no subministro os días 5 e 6 de agosto; o día 5 de 08:00 a 08:30 e o día 6 de 19:00 a 19:30 horas).

Esta información tamén lle comunicou por carta aos veciños e veciñas que poden verse afectados.

A compañía facilita un número de teléfono para dúbidas e consultas: 900 333 999.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...