HomesociedadeVan rematándose as obras das 13 rúas que mellora Monforte

Van rematándose as obras das 13 rúas que mellora Monforte

O concello informa de que rematan os traballos na rúa Alonso Ríos. Esta obra de mellora foi adxudicada á empresa Acoval S.A. por un importe de 15.701,63 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A zona de actuación en Alonso Ríos abarcou 350 metros de lonxitude, e os traballos de mellora consistiron na rexeneración do seu firme asfáltico. Procedeuse a aplicar unha nova capa de rodadura, consistente nunha capa de aglomerado en quente, tipo D-12, de 4 cm. de espesor. 

Unha vez rematada a colocación do pavimento novo, levouse a cabo o recalce de tapas de pozos, arquetas, sumidoiros e demais elementos existentes na calzada, ata o novo nivel do pavimento.

Para rematar, na calzada, unha vez terminada a colocación da nova capa de aglomerado, levarase a cabo o pintado da vía, coa marcaxe das liñas viais, cebreados e símbolos correspondentes. Para elo, utilizarase pintura reflexiva e microesferas de vidro.

Nesta semana tamén remataron as obras da rúa Alfredo Brañas cun investimento de 13.578,49 euros, Severo Ochoa 25.971,96 euros, Lois Pereiro 14.399 euros e Poeta Noriega Varela 25.971,96 euros. Trabállase nas Cruces cun investimento de 29.030,85 euros.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...