HomesociedadeSorprendido in fraganti prendendo un lume forestal na Teixeira

Sorprendido in fraganti prendendo un lume forestal na Teixeira

Dúas persoas foron sorprendidas in fraganti esta fin de semana cando prendían senllos lumes forestais no concello ourensán da Teixeira e no pontevedrés de Nigrán. Así o adiantou o conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, na reunión que mantivo este luns o Comité de Coordinación Policial Antiincendios no Pazo de Quián.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

José González, conselleiro de Medio Rural en funcións destacou que “foi un axente ambiental das brigadas de investigación de incendios en colaboración co Seprona, o que interceptou esta madrugada o presunto autor do lume da Teixeira”. Foi, concretamente, na parroquia de Sistín, onde se produciron dous incendios arredor da unha da mañá que se saldaron só con 200 metros cadrados afectados, grazas á rápida intervención dos efectivos de extinción. O home foi trasladado ao cuartel de Castro Caldelas para que prestase declaración.

No caso de Nigrán, “foron os veciños os que sorprenderon a unha muller cando prendía lume” cunhas pastillas de acendido a pasada tarde, na parroquia de Parada. Grazas á súa colaboración coas autoridades, esta suposta incendiaria tamén foi posta a disposición da Garda Civil. 

O conselleiro en funcións puxo de relevo que estas dúas persoas foron sorprendidas grazas ao dispositivo de vixilancia da Xunta e á concienciación cidadá para facer fronte aos lumes forestais. Nese sentido, lembrou que “temos un operativo superior ás 7.000 persoas sobre o terreo, que se apoia en cámaras de vixilancia nun 60% do territorio e no uso de drons”. 

Comité Policial antiincendios / Consellería Medio Rural

Así mesmo, González recordou que existe un teléfono confidencial e gratuíto para dar conta de calquera actividade incendiaria: o 900 815 085. “Faremos que caia todo o peso da lei sobre estes delincuentes que poñen en perigo os bens e as persoas e queremos que saiban que os estamos vixiando por terra e por aire”.

Nesa liña, o conselleiro en funcións puxo de relevo que no que vai de ano “máis de 40 persoas foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica -coa colaboración dos axentes ambientais de Medio Rural-, como presuntas responsables de incendios forestais”. A maiores, os axentes ambientais da Consellería do Medio Rural e os da Policía Autonómica están realizando un seguimento a máis de 90 persoas por provocar lumes “para que ningún destes delincuentes quede impune”.

ÚLTIMAS

Cristina Alcalá, pregoeira da Feira do Viño de Vilachá 2025

O Concello da Pobra do Brollón vén de anunciar a pregoeira da que será...

‘O Saviñao en foco’: exposición fotográfica de José Manuel Paradela

O pasado domingo, 20 de abril, quedou inaugurada no Círculo Saviñao de Escairón a...

80% de ocupación esta Semana Santa nas Rutas Fluviais da Ribeira Sacra

En abril, con motivo da Semana Santa, a Deputación ofreceu un servizo ininterrompido do...

Premios dos concursos da XXI Feira Medieval de Monforte

Nos concursos organizados polo Concello de Monforte de Lemos con motivo da 21 edición...