HomesociedadeUnha hora e mil euros para mercar en Sarria

Unha hora e mil euros para mercar en Sarria

Este sábado, día 8 de agosto, ás 11:06 minutos da mañá comezou a xornada de compras da sétima edición da campaña 60x1.000, na que participaron 29 establecementos da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A premiada foi Claudia Rodríguez, e súa nai (Carmen) foi a encargada de realizar as compras. A ACES puxo á súa disposición un coche antigo que a acompañou durante todas as súas compras polos comercios de Sarria. Rodeada dunha reporteira e fotógrafo, Carmen gastou os 1.000 € en 54 minutos, sobráronlle 6 minutos do tempo máximo establecido, para mercar os encargos de Claudia.

Carmen mercou en 7 comercios, dos 29 participantes. En primeiro lugar dirixiuse a “LOS SUEÑOS DE UXÍA” onde comprou unha cadeira para coche para a súa neta. O segundo comercio foi “ELECTRONOVA” onde mercou unha tostadora e un muíño de café. Posteriormente foi á rúa Calvo Sotelo para visitar a “XOIERÍA DÍAZ”, onde mercou un reloxo; e continuou pola zapatería “CALZADOS GAYOSO” mercando tres pares de zapatillas deportivas. Ao saír da zapatería subiu de novo ao coche que a esperaba e desprazouse ata a rúa Diego Pazos para mercar un pantalón e unha camiseta en “MONCHO MODA”; que completou cunhas lentes de sol na “ÓPTICA MALECÓN”. Para o final deixou a xoguetería “1, 2, 3… ESCONDITE INGLÉS”, onde mercou varios xoguetes para a súa neta.

Con esta xornada remataba unha campaña que tivo, como nas edicións anteriores, gran acollida entre os asociados e o público de Sarria.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...