Homesociedade3 casos de Covid e 20 illados na área do centro de...

3 casos de Covid e 20 illados na área do centro de saúde de Chantada

Desde o centro de saúde de Chantada informan, mendiante nota de prensa, da existencia de tres casos de covid-19 na súa área de influencia, despois de case dous meses sen contaxios, coas últimas altas a finais de xuño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os tres pacientes en cuestión atópanse asintomáticos e illados nos seus respectivos domicilios. En canto se soubo destes casos procedeuse a localizar ós contactos directos das tres persoas contaxiadas. Agora mesmo hai unhas 20 persoas illadas por precaución, á espera das pertinentes probas que determinen se están ou non infectadas, que se lles practicarán na maior brevidade posible.

Os profesionais deste centro de saúde aseguran que queren transmitir tranquilidade e prudencia nestes tempos incertos. “É importante extremar as precaucións na medida do posible para evitar os contaxios e, ao mesmo tempo, manter a tranquilidade. Tamén nos gustaría pedir que non se lle dean veracidade aos bulos nin aos rumores, pois o único que fan é contribuír a un alarmismo que non axuda na loita contra o virus. As canles oficiais informan debidademente do avance da pandemia,” segundo afirman.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...