HomesociedadeITV de vehículos agrícolas no Incio

ITV de vehículos agrícolas no Incio

O Concello do Incio informou a través dun Bando que as inspeccións levaranse a cabo do día 3 ao 9 de setembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A unidade móbil da inspección técnica (ITV) suspendera o seu desprazamento ao Incio previsto para os días 30 e 31 de marzo e 2 de abril por mor da alarma provocada pola pandemia da COVID-19.

Deste xeito, e para levar a cabo as pertinentes inspeccións, a empresa Supervisión y Control, S.A. desprazarase ao Concello do Incio coa unidade móbil da ITV do día 3 ao 9 de setembro.

Tractor na Ribeira Sacra. Foto: XMF

Horarios e lugar onde estará a unidade móbil:

Xoves 3, Noceda, pista deportes de 15:00 a 18:30 horas.
Venres 4, Noceda, pista deportes de 09:00 a 13:30 horas.
Luns 7, Cruz do Incio de 09:45 a 18:30 horas.
Martes 8, Cruz do Incio de 08:00 a 13:30 horas.
Martes 8, Val do Mao de 16:30 a 18:30 horas.
Mércores 9, Val do Mao, campo da festa de 08:00 a 13:30 horas.

As persoas interesadas poden solicitar cita previa chamando ao 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...