HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra, a viticultura extrema que aspira a ser Patrimonio...

A D.O. Ribeira Sacra, a viticultura extrema que aspira a ser Patrimonio da Humanidade

Ribeira Sacra afronta este 2020 coa esperanza de converterse no 2021 na primeira Denominación de Orixe de España cuxo territorio é declarado Patrimonio da Humanidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


Cando no 1996 constituíase a Denominación de Orixe Ribeira Sacra non se alcanzaba a imaxinar todo o que se xeraría ao redor do viño e a dinamización socioeconómica que o sector traería a este territorio. Hoxe a D.O. Ribeira Sacra comprende unha vintena de municipios situados nas ribeiras dos ríos Miño, Sil, Cabe e Bibei entre as provincias de Lugo e Ourense, que se agrupan en 5 subzonas: Amandi, Chantada, Quiroga- Bibei, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil. Conta con 2.500 hectáreas de produción vitícola e case un cento de adegas rexistradas.

A principal característica da Denominación é o cultivo da vide en socalcos que chegan a alcanzar desniveis do 85%. Esta forma de cultivo fai que o traballo na viña desafíe á vertixe e convértea nun dos maiores expoñentes mundiais da Viticultura Heroica ou Extrema. Pero esa dificultade do terreo, as súas orientacións, chans e clima tamén lle confiren unhas especiais características á uva. Isto sumado ás particularidades que existen entre as diferentes subzonas fai que esteamos ante viños singulares cheos de personalidade.

Viñedo Chantada / D.O. Ribeira Sacra

Estes viños son o froito dun terroir que os fai frescos, aromáticos e diferentes. Son viños de gran calidade como avalan os resultados obtidos en certames nacionais e internacionais. E viños que marcan tendencia nos consumidores e prescritores que se achegan ao viño en busca de novas sensacións.

Se queres un Ribeira Sacra, pídeo

O Sabor dunha Paisaxe é o slogan co que se presenta a Denominación de Orixe. Esa paisaxe de viñedos de vértixe que se completa ao ser este territorio o de maior concentración de románico rural sobre a face da terra e contar cunha ampla e variada tradición folclórica e gastronómica.

Ribeira Sacra Vendima / C.R.D.O.R.S.

Todo iso valeulle a este territorio para ser o candidato español a Patrimonio da Humanidade pola Unesco. E iso é o que transmiten os seus viños. A maior parte dos viños que se elaboran ao amparo da D.O. Ribeira Sacra son viños tintos da súa variedade estrela, a Mencía. Tamén contan cunha ampla representación de viños brancos que utilizan principalmente a Godello e recentemente incorporáronse viños rosados. Para achegar o sabor dunha paisaxe a calquera lugar, a D.O. lanzou a comezos de verán desde a súa web ribeirasacra. org, Se queres un Ribeira Sacra, pídeo.

ÚLTIMAS

Novidosas sinalizacións lumínicas para pasos de cebra no Concello de Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar a mellora viaria, con sinalizacións lumínicas en...

A Valedora admite unha queixa por ignorar o Concello de Monforte máis de 8 meses a un aspirante

Lembran desde FAC-USO que o 13/10/2023 convocouse un proceso selectivo para unha praza interina...

Do 27 ao 29 de xullo, festas na parroquia monfortina de Piñeira

O deputado de Mocidade, Daniel García, reuniuse coa Asociación de Festexos de Piñeira, que...

Finalistas da X edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

A esta X edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra presentáronse 85...