HomesociedadeDetectado en Monforte un foco con 8 casos positivos por COVID-19

Detectado en Monforte un foco con 8 casos positivos por COVID-19

O Concello de Monforte de Lemos informa da existencia dun foco con oito casos positivos por COVID-19 nun edificio da cidade, o número 41 da rúa Duquesa de Alba.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nun comunicado remitido aos medios, o Consistorio explica que desde a área Sanitaria de Lugo trasladóuselles aos responsables municipais a existencia de oito casos positivos no número 41 da rúa Duquesa de Alba.

Así mesmo, sinala que persoal sanitario do Sergas está a facer as correspondentes probas PCR no edificio co fin de confirmar outros posibles casos.

O Concello deu conta de que puxo a disposición do persoal sanitario aos efectivos da Policía Local que, xunto con outros membros doutros corpos e forzas de seguridade do estado, colaboran na realización de ditas PCR.

O Consistorio sinalou que ten o compromiso por parte das autoridades sanitarias correspondentes de que seguirá sendo informado sobre a evolución das probas levadas a cabo en relación a este brote.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...