HomesociedadeDous traballadores con Covid19 en residencias do sur da provincia

Dous traballadores con Covid19 en residencias do sur da provincia

Ao caso dun traballador na residencia de maiores de Paradela, contaxiado no foco do Saviñao, engádese este mércores, 19 de agosto, o caso dun traballador da residencia de maiores do Incio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dos 1.623 casos activos de coronavirus en Galicia, 136 corresponden á provincia de Lugo, 23 máis ca onte, dentro dos que se atopan os 8 casos do foco detectado este martes na rúa Duquesa de Alba de Monforte. Ás 14.00 horas de hoxe xa se confirmaban desde Sanidade un total de 28 casos do foco de Monforte.

960 corresponden á área da Coruña e Cee –39 máis que este martes–; 138 á de Vigo –un menos–, 84 á de Pontevedra e O Salnés –nove máis–; 145 á de Ourense –14 máis–; 91 á de Santiago –24 máis– e 69 á de Ferrol –dez máis–.

En total en Galicia rexístranse 118 casos máis ca este martes e 5 persoas atópanse na UCI con diagnóstico de coronavirus. Toda a información no Lugo Xornal.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...