HomesociedadeUn cartel gañador sen Festas Patronais

Un cartel gañador sen Festas Patronais

Aberta ata o 31 de agosto a exposición dos traballos presentados ó XXV Concurso de deseño de carteis das Festas Patronais de Monforte 2020.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A exposición de carteis na casa da cultura Lois Pereiro permanecerá aberta en horario de 10 a 14 e de 17 a 21 horas, para disfrute de visitantes e monfortinos.

A pesares de que finalmente non se puideron celebrar as Festas Patronais da cidade, por mor da pandemia da Covid-19, dende o Concello decidiuse fallar igualmente este concurso, que está dotado con 1.000 euros de premio.

En total, ó concurso presentáronse 20 traballos artísticos, a cargo de autores tanto de Galicia como doutras partes de España. O xurado que fallou o concurso, estivo constituído por representantes de diferentes empresas creativas de Monforte, así como persoal funcionario do propio Concello, e presidido pola Concelleira de Cultura.

O cartel que o xurado considerou como gañador, en verbas da Concelleira de Cultura “foi escollido polo seu colorido, pola alegría que transmite, así como pola súa orixinalidade. Do mesmo xeito, tamén tivemos en conta que o cartel recolle todos os elementos representativos de Monforte: San Vicente coa Torre da Homenaxe, os Escolapios, a Virxe de Montserrat e a ponte medieval”. 

No cartel tampouco faltan elementos que simbolizan as festas como son a noria, o tiovivo ou o confeti, aspectos que tamén fixeron que o xurado se decantase finalmente por esta opción. 

ÚLTIMAS

“Agosto astronómico” para o turismo en Chantada

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Chantada recibiu 5.365 visitantes no pasado...

O viños da Ribera Sacra na Barcelona Wine Week do 2 ao 4 de febreiro

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra participará por segundo ano consecutivo...

Do 2 ao 13 de febreiro Monforte convoca concurso de axudas para a confección de traxes medievais

O Concello ten solicitado a declaración de Feira de Interese Turístico Galego para esta...

‘El Monasterio de San Vicente del Pino y su colección diplomática’, interesante charla histórica en Monforte

A Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos acolle o venes...