HomesociedadeSoben a 72 os casos do foco de Monforte

Soben a 72 os casos do foco de Monforte

Hai 9 novos casos.

Publicado o

- Advertisement -

Os casos activos de COVID-19 vinculados ao brote detectado en Monforte aumentaron a 72, tras detectarse 9 novos positivos e confirmarse a vinculación doutras 5 persoas afectadas.

Así o trasladaron fontes de Sanidade, que explicaron que, na xornada deste domingo, realizáronse 102 probas PCR. Delas, 9 deron positivo en relación con este brote.

Ademais, confirmáronse que outras 5 persoas que xa deran positivo en COVID-19 con anterioridade están tamén vinculadas con ese brote de Monforte.

Sanidade precisou que mantén unha comunicación constante co Concello de Monforte, ao que “se lle van trasladando todos os datos solicitados” en relación con este brote, que pasou de 58 a 72 casos nas últimas 24 horas.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...