HomesociedadeO PP solicita entrevista en ADIF

O PP solicita entrevista en ADIF

O PP solicita unha entrevista en ADIF para reclamar a mellora das infraestruturas e a recuperación do servizos ferroviarios de Lugo. O vicesecretario de Participación do PP, Jaime de Olano, critica que o Goberno sexa incapaz de dar a coñecer o cronograma das inversións previstas en Lugo

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O PP de Lugo anunciou, nun acto diante da estación de tren da capital lucense, a solicitude a ADIF dunha reunión, para recibir información do cronograma de intervencións previstas para a mellora das infraestruturas e dos servizos ferroviarios.

En palabras de Elena Candia, o PP “demanda con firmeza do Goberno para Lugo o imprescindible fortalecemento dos servizos ferroviarios”. Tras anunciar a solicitude de reunión con Adif, recordou que “non é a primeira vez”. Lembrou que  “xa no ano 2018 , unha representación da veciñanza de Lugo visitou Adif”. A comitiva lucense foi recibida polo presidente de entón, Juan Bravo, e pola daquela directora xeral de Explotación, a lucense Isabel Pardo de Vera, hoxe presidenta deste organismo. Nesa reunión “déusenos explicacións e asumiuse un compromiso cronolóxico para que Lugo non quedara desvinculada duns bos servizos ferroviarios, especialmente da alta velocidade”. Naquela reunión, baixo o Goberno presidido por Mariano Rajoy, concretáronse as obras para o tramo Lugo-Monforte-Ourense, así como inversións que poderían aproximarse aos 700 millóns, segundo o PP. Abordouse tamén a construción dun aparcamento, que xa está executado.

Agora, Candia di que “as últimas noticias que temos son negativas e incluso o posicionamento  do Partido Socialista na nosa provincia tenos profundamente preocupados, porque parece que eliminou da súa axenda o compromiso con Lugo no que aos servizos ferroviarios se refire”. Engadiu: “Dicimos alto e claro que Lugo  non vai quedar á marxe dos servizos ferroviarios que merece a nosa provincia”. Destacou a importancia do tren para o desenvolvemento económico, sinaladamente para a promoción turística, e, en síntese, para  “seguir traballando polo que necesita a nosa provincia, máxime nun contexto sanitario tan complexo como o que estamos a vivir”. 

Os populares non permitirán, adiantou Candia, que non se cumpran os compromisos adquiridos con Lugo. “Queremos unha reunión con Adif para que, sobre aquelo que se nos explicou no 2018, vexamos os avances e se ratifiquen o compromiso coa nosa provincia”.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...