HomesociedadeJosé Tomé: "Estamos preocupados e pídolle á Xunta máis información"

José Tomé: “Estamos preocupados e pídolle á Xunta máis información”

A zona máis afectada é a rúa Duquesa de Alba.

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde de Monforte de Lemos, o socialista José Tomé, amosouse moi preocupado este xoves polo brote de COVID-19 no municipio e que afecta xa a máis de cen veciños. Por iso, pediulle á Xunta “unha maior fluidez na información”, unha inquietude que trasladou ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña.

Tomé dixo que “se están facendo probas en bastantes lugares de hostalaría, sobre todo a zona centro, do cal o Concello non foi informado pola Consellería de Sanidade”. “Decatámonos polos propios hostaleiros aos que se citaba telefonicamente e, ademais, dicíaselles que pechasen o establecemento ata ter o resultado da proba”, censurou.

A situación a día de hoxe é de preocupación. Temos un brote importante, que supera os cen afectados. A sorte que temos é que son todos asintomáticos, a inmensa maioría é menor de 30 anos. Non hai ingresados en Monforte ninguén, só hai unha persoa maior que vén da residencia do Incio”, dixo.

Con todo, Tomé dixo que “bota de menos”, e así llo trasladou ao conselleiro co que falou o pasado venres, “unha maior fluidez na información”. “Informar é positivo para todos, non hai nada que esconder. Esperemos que con estas medidas e coa responsabilidade da xente podamos estar co pico practicamente a finais desta semana, ou o inicio da que vén. A partir de aí deberían de comezar a baixar os casos. O bo é que os brotes están localizados, son todos do mesmo ámbito e non hai zonas novas”, destacou.

A zona máis afectada é a rúa Duquesa de Alba, “aínda que poida que algún máis que tivo relación con esa cale pero o brote saíu de aí”, matizou o alcalde de Monforte.

ÚLTIMAS

A Oficina de Turismo de Chantada incrementa nun 10,5% os visitantes durante o verán

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada despide a tempada de verán 2025 superando...

Aprobado o proxecto do trazado da última fase da autovía que une Lugo e Sarria

O Consello deu luz verde ao proxecto e ao estudo de impacto ambiental no...

CIG Saúde alerta da situación do servizo de pediatría no Hospital de Monforte

Aseguran desde CIG Saúde que levan meses denunciando a falta de man esquerda da...

A sostibilidade do turismo en Galicia: os riscos da turismofobia

O encontro ten por obxecto abrir un diálogo técnico, baseado en datos e achegas...