HomesociedadeO Incio retoma o servizo de axuda no fogar

O Incio retoma o servizo de axuda no fogar

O Concello do Incio retomará "de maneira progresiva" o servizo de axuda no fogar, suspendido de maneira temporal o pasado xoves como medida de prevención a consecuencia do brote de coronavirus rexistrado na residencia de maiores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As once traballadoras do servizo de axuda no fogar sometéronse a unha proba PCR que, en todos os casos, deu “un resultado negativo”. Tras coñecer esta información, o Goberno local decidiu retomar progresivamente o servizo na súa totalidade, que durante estes días seguiuse prestando “en todo momento” a persoas de “especial vulnerabilidade”.

En canto ao brote en si, este xoves non se coñeceron novos positivos no centro xeriátrico, xestionado pola Fundación San Rosendo, onde este mércores aumentou de maneira acusada o número de contaxios ata un total de 113 persoas afectadas, que se dividen en 26 traballadores e 87 residentes. Destes últimos, hai unha decena de pacientes ingresados no Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo ( HULA) e un máis no Hospital Comarcal de Monforte de Lemos.

Desde o Goberno local ofreceron en todo momento a súa “total colaboración” para todo aquilo que poidan necesitar a xerencia da residencia e a Xunta de Galicia, que interveu o centro a finais da pasada semana. Así mesmo, desde a Consellería de Sanidade confirmaron a Efe que ao longo destes días farase “un cribado entre os veciños” do municipio para “coñecer o alcance do brote” e “articular as medidas que correspondan”.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...