HomesociedadeMelloras na praza do albergue municipal de Quiroga

Melloras na praza do albergue municipal de Quiroga

Os participantes no Obradoiro de Emprego SilLor están a traballar estes días no revestimento do muro do aparcadoiro da praza do Albergue Municipal na parte que dá ao Colexio de Educación Infantil e Primaria de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estase revestindo o muro da cara do centro educativo que está feito de formigón e que agora quedou revestido de cemento e listo para o seu pintado.

Elimínase a grava da zona dos bancos para substituíla  por pavimento de cuarcita. Nas escaleiras de acceso vaise colocar chapa de granito como revestimento e eliminarase un saliente que quedaba fóra da varanda e que os nenos utilizaban como zona de xogo co conseguinte perigo.

O acondicionamento do aparcadoiro comezou no ano 2018, cando se limpou e acondicionou a parcela de máis de 1800 m ² construíndo dous espazos diferenciados,  unha zona de céspede  na que se colocou mobiliario urbano e outra pavimentada de grava, que serve para múltiples usos pero habitualmente como aparcadoiro. Os traballos desta primeira fase remataban coa  colocación dunha varanda de ferro forxado na parte de acceso o aparcadoiro dos buses escolares e ao CEIP.

Ademais destes arranxos na praza do Albergue, os traballos marcados para o Obradoiro SilLor deste ano foron o arranxo da pavimentación e sinalización vertical da vila de Quiroga coa colocación de novas papeleiras, a reparación do pavimento ds contorna da Praza Maior, a división interior do Museo Xeolóxico e a adaptación dos baños do Museo Etnográfico. Aínda teñen pendente a  construción dun soportal na entrada do Museo Xeolóxico.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...