Homesociedade"A Xunta vai un paso atrás do virus", asegura o PSOE do...

“A Xunta vai un paso atrás do virus”, asegura o PSOE do Incio

Segundo os socialistas do Incio é díficil de asimilar que máis dunha semana despois de ter coñecemento do gromo na Residencia da Fundación San Rosendo, a Xunta non tivese xa deseñado un protocolo de actuación para estos casos. "A Xunta vai un paso atrás do virus no canto de levarlle a dianteira," aseguran.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O PSDG-PSOE do Incio urxe á  Xunta de Galicia para que realice o antes posible as probas PCR os veciños do municipio e deste xeito detectar o alcance real deste brote. Consideran inconcebible que nunha poboación con 1500 habitantes e con máis de 100 casos positivos, non se adoptara pola Consellería de Sanidade ningún tipo de medida restrictiva.

Afirman os socialistas que a Xunta de Galicia non pode eludir as súas competencias e aplicar o “Sálvese quen poda”. Ante esta situación de incerteza moitos veciños/as recorren a realizar test de xeito privado. “É imprescindible ademáis que a Consellería de Sanidade, para tranquilizar ós veciños/as do municipio facilite con transparencia e axilidade diariamente o número de  contaxios por municipios,” sinalan. Instan á Xunta de Galicia para que poña en funcionamento a aplicación Radar Covid e que a aplique de xeito experimental no Incio.

Dende o Grupo Municipal do PSDG-PSOE tamén amosan a súa preocupación pola volta ás aulas do Colexio do Incio, cando falta pouco máis dunha semana para o seu inicio. “En que condicións de seguridade se vai a realizar? Se a día de hoxe se descoñece o alcance do brote fóra da Residencia.”

ÚLTIMAS

Empresarias reivindican a súa voz e acción para mellorar a situación socioeconómica da Ribeira Sacra

O encontro de Talento Feminino no Rural que tivo lugar no Castelo de Castro...

Un morto tras chocar un camión e unha furgoneta en Sarria

O condutor dunha furgoneta faleceu nunha colisión frontal contra un camión na estrada LU-633,...

Comeza a organización da XLIV Feira do Viño de Quiroga

Nesta primeira xuntanza púxose en marcha a maquinaria que moverá esta cita de exaltación...