HomesociedadeA Confederación Hidrográfica autoriza as obras da senda de Valdriz en Láncara

A Confederación Hidrográfica autoriza as obras da senda de Valdriz en Láncara

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade retomará as obras da nova senda peonil de Valdriz, no municipio de Láncara, nas próximas semanas, unha vez que obtivo a pertinente autorización da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para poder continuar os traballos sobre o terreo era imprescindible contar coa autorización do organismo de conca á ampliación da plataforma da ponte. Tampouco se podían retomar os traballos sen o retranqueo previo da liña eléctrica, condicionantes que coñece o Concello de Láncara, segundo sinala a delegación territorial da Xunta en Lugo.

A Xunta adxudicou a obra en agosto de 2019 e os primeiros traballos iniciáronse no outono, e consistiron na adecuación e movemento de terras nos espazos contiguos á estrada LU-621.

Ao chegar á altura da ponte non foi posible continuar porque para a execución da obra é imprescindible o retranqueo (soterramento) da liña de evacuación da hidroeléctrica de  Valdriz, e conseguir este trámite foi un complexo proceso que requiriu distintas autorizacións administrativas e a habilitación dun gasto adicional de 103.187,92 euros para poder acometer a obra, en concepto de indemnización á hidroeléctrica para que executase o cambio da liña. O proceso completouse coa obtención da renovación da autorización da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, que chegou este mesmo mes.

A actuación inclúe a construción dunha senda de medio quilómetro (460 metros) que discorrerá pola marxe esquerda da estrada autonómica  LU-621. Tamén se realizan obras no viaduto, a ampliación da plataforma da estrada (pasando de 5,5 a 7 metros) e a construción dunha glorieta no acceso á urbanización.

Nas vindeiras datas técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas e da empresa adxudicataria da obra reuniranse para organizar a execución dos traballos de retranqueo da liña eléctrica e de ampliación da ponte, que se iniciará nas próximas semanas.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...