IniciosociedadeAlta por curación do traballador da residencia de Paradela

Alta por curación do traballador da residencia de Paradela

As áreas sanitarias onde máis se incrementan os pacientes este martes continúan sendo Lugo, que suma 26, ata un total de 759; e Santiago, que contabiliza outros 25, ata 607.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo os datos oficiais facilitados polo Sergas este martes, 1 de setembro, recibe alta por curación o traballador da residencia de Paradela que se infectara no gromo do Saviñao e que precisamente hai un mes se daba como volta de casos activos de coronavirus ás residencias do sur da provincia.

Mantéñense como casos activos nas residencias, 89 usuarios e 27 traballadores da residencia do Incio e 1 traballador da residencia DomusVi de Monforte.

O Hospital Comarcal de Monforte mantense sen ingresados por Covid19, pero o HULA xa conta con 30 hospitalizados e 1 no Hospital da Mariña. 4 persoas están na UCI por coronavirus. A provincia conta con 724 casos activos en domicilio e segue sendo a área sanitaria de Lugo na que máis aumentan os casos ao darse 36 casos novos, se ben contabilízanse 26 ao producirse 10 altas.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...