HomesociedadeJosé Tomé dá por superado os peores momentos do foco de Monforte

José Tomé dá por superado os peores momentos do foco de Monforte

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde de Monforte e presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, destacou que o foco localizado en Monforte, que afectou sobre todo a rúa Duquesa de Alba, “afortunadamente empeza a ir mellor”. “Segue habendo positivos pero xa menos“, indicou.

“Hai unhas semanas había sobre 10 ou 12 (positivos) diarios, e agora dous, tres, catro ou cinco. Cremos que o pico se alcanzou; está a descender. Xa hai a persoas ás que se lle está dando o alta da corentena”, expuxo e afirmou que o “pico de 120 positivos que chegou a haber” está baixando e agora “poida que estean por baixo de oitenta os que están en corentena”.

Con todo, Tomé alertou sobre “o problema que agora xorde na contorna de Monforte, no concello de Pantón, onde o equipo de rodaxe dunha película deu seis positivos”.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...