HomesociedadeO xeoparque Montañas do Courel quere un plan de sustentabilidade

O xeoparque Montañas do Courel quere un plan de sustentabilidade

O Xeoparque Montañas do Courel traballa para participar nun Plan de Sustentabilidade Turística do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. Por tal motivo vense de reunir o equipo de traballo cos representantes dos tres concellos que conforman o Xeoparque, Roberto Castro, Lola Castro e Julio Álvarez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O plan de sustentabilidade está enfocado a crear produtos turísticos atractivos e sostibles, a través do aproveitamento dos recursos xa existentes ou da creación de equipamentos. O seu obxectivo é dinamizar o territorio para contribuír a afrontar o reto demográfico, usar de forma sostible as infraestruturas e os lugares con destacado patrimonio cultural, material e inmaterial, e crear produtos turísticos capaces de xerar una afluencia turística con capacidade de gasto.

O Plan no que se comezou a traballar debe incluír un diagnóstico no que se reflicte a situación actual, o grado de aproveitamento dos recursos turísticos e as necesidades turísticas existentes. 

O Xeoparque Montañas do Courel pode recibir mediante este plan tres millóns de euros en tres anos, aportados maioritariamente pola Secretaría de Estado de Turismo e a Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

A Oficina de Turismo de Chantada incrementa nun 10,5% os visitantes durante o verán

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada despide a tempada de verán 2025 superando...

Aprobado o proxecto do trazado da última fase da autovía que une Lugo e Sarria

O Consello deu luz verde ao proxecto e ao estudo de impacto ambiental no...

CIG Saúde alerta da situación do servizo de pediatría no Hospital de Monforte

Aseguran desde CIG Saúde que levan meses denunciando a falta de man esquerda da...

A sostibilidade do turismo en Galicia: os riscos da turismofobia

O encontro ten por obxecto abrir un diálogo técnico, baseado en datos e achegas...