HomesociedadeAs escolas infantís e casas niño do sur da provincia reciben material...

As escolas infantís e casas niño do sur da provincia reciben material de protección

A Xunta de Galicia está a dotar de material de protección contra o coronavirus ás casas niño, Puntos de Atención á Infancia (PAI) e escolas infantís públicas e privadas das comarcas de Quiroga, Lemos e Chantada, ante o inicio da actividade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Goberno galego completou un novo envío de 12.500 unidades de protección entre 30 centros das comarcas de Quiroga, Terra de Lemos e Chantada. Preto da metade son institucións orientadas ao coidado de nenos e nenas de 0 a 3 anos, e o resto residencias, vivendas tuteladas e outros servizos para persoas maiores ou con discapacidade. Así, nesta ocasión distribúe 5.600 luvas, 6.600 máscaras e pantallas faciais, e tamén batas, mandís, xel hidroalcólico e garrafas de desinfectante.

Con estas achegas o Goberno galego quere colaborar con todos os centros prestadores de servizos sociais -sexan xestionados por administracións, entidades sociais ou empresas privadas- reforzando a seguridade de traballadores e usuarios. Deste xeito, dende o inicio da crise sanitaria foron subministrados nestas comarcas 271.000 elementos de protección en distintas entregas de periodicidade semanal.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...