HomesociedadeO Concello do Incio agasalla con bolsas personalizadas aos alumnos do CEIP...

O Concello do Incio agasalla con bolsas personalizadas aos alumnos do CEIP Ricardo Gasset

As instalacións do centro foron adaptadas á normativa e cumpren co protocolo anti-covid para garantir unhas aulas seguras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello do Incio vén de facerlle entrega ao CEIP Ricardo Gasset de bolsas personalizadas co nome de cada un dos nenas e nenas que a partir deste xoves inician o curso escolar 2020-2021.

As riñoneiras foron personalizadas cos seus nomes e cada unha ten unha cor que se corresponde con cada unha das aulas que ten o centro, que este ano suma 24 alumnos e alumnas.

O Goberno local pretende con este agasallo facilitar o período de adaptación ao alumnado con este material no que cada neno pode gardar as súas pertenzas. A maiores, incorpora unha bolsiña na que poden gardar as máscaras cando van ao comedor.

Ao mesmo tempo, o centro arranca o curso tras ter adaptado todas as medidas e o protocolo anti-covid, o que garante que as aulas sexan seguras. Así, instaláronse dispensadores de xel, disponse de termómetros, sinalización e carteis informativos e outro material complementario para que toda a comunidade educativa poda cumprir as normas.

Colexio do Incio protocolo anticovid / concello do Incio

ÚLTIMAS

‘Bolsas Pintor de Castinandi’ para participar nun taller fotográfico en Sober

O Concello de Sober convocou tres Bolsas Culturais Internacionais ‘Pintor de Castinandi’ para este...

O centro de día de Quiroga celebra as Letras Galegas elaborando un libro sobre Begoña Caamaño

O traballo fai un repaso pola súa obra literaria, o seu traballo xornalístico e...

O Concello de Chantada anuncia a urbanización de 2.500m2 na vila coa apertura de novos viais e a creación de zonas verdes

Na rúa Concepción Arenal, o concello adquiriu a finais do ano pasado dúas parcelas...

Poxa de novelas de rubia galega en Seoane do Courel

A poxa estivo organizada pola Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de...