Homesociedade72.000 para melloras na Costa da Pena e no Paseo dos Loureiros...

72.000 para melloras na Costa da Pena e no Paseo dos Loureiros de Monforte

O Concello de Monforte levará a cabo importantes obras de mellora no firme da rúa Costa da Pena e no alumeado da senda peonil dos Loureiros, que se ubica no entorno do conxunto de San Vicente. A previsión é que as obras den comezo ó longo da próxima semana.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As actuacións que se porán en marcha na rúa Costa da Pena consistirán na renovación do seu pavimento e sinalizacións, así como a mellora da seguridade vial e accesibilidade ós portais e a adecuación da súa rede de saneamento de augas pluviais. Para elo destinarase unha partida de 48.361,33 euros, dos que a Deputación Provincial achegará o 87%, 42.075 € e o Concello o 13% restante, 6.286,33 €.

No caso do Paseo dos Loureiros, senda peonil que se ubica na subida ó conxunto de San Vicente, acometerase a renovación das súas instalacións de alumeado exterior, grazas a unha inversión de 23.595 euros, dos cales o 86,7%, 20.466,40 €, serán achegados pola Deputación, mentres que o Concello aportará 3.128,60, o 13,3%.

Neste senso, o Alcalde de Monforte e Presidente da Deputación, José Tomé Roca, explicou que “os obxectivos que buscamos con estas dúas actuacións, no caso do Paseo dos Loureiros, é mellorar significativamente o seu alumeado actual, nunha zona que enorme importancia turística e de lecer. E no caso da rúa Costa da Pena o proxecto posto en marcha suporá a mellora do pavimento, en dous tramos concretos, na confluencia desta rúa cos Doutor Casares e dende o atrio da igrexa da Régoa ata o encontro co primeiro tramo. 

A obra da parte inicial da rúa Costa da Pena contará con control arqueolóxico, mediante o cal un arqueólogo supervisará o desenvolvemento das obras, por se aparecese algún resto histórico, e co obxectivo de darlle a solución axeitada. Estas obra contan cun prazo de execución de 4 meses, e prevese que den comezo ó longo da próxima semana.

Renovación de instalacións do alumeado da senda peonil “Paseo dos Loureiros”

O Paseo dos Loureiros ubícase no ascenso cara ó conxunto de San Vicente polo que se trata dunha zona moi céntrica e que ten un gran potencial turístico e de lecer. É un paseo formado con pavimento empedrado cunha anchura media de 3,80 metros.

A obra de mellora consistirá na instalación de 16 novas luminarias con tecnoloxía LED de 23,8 W de potencia, modelo iTeka de IGUZZINI. Son luminarias de tipo ornamental e ambiental que substituirán ás actuais de 36 W de tipo fluorescente.

Do mesmo xeito, tamén se colocarán os soportes para estas novas luminarias, que serán 16 postes trococónicos de 4 metros en aceiro galvanizado sobre base de formigón de 0,5×0,5×0,7 m. Tamén renovarase por completo a totalidade do cableado eléctrico.

ÚLTIMAS

Traballo colectivo da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next para a súa posta en funcionamento

Os encontros desenvólvense os venres pola tarde coa presenza dun máximo de 20 empresas,...

O BNG de Monforte leva a pleno un punto de información turística na Compañía

Explican os nacionalistas que o tramo da rúa Doutor Casares máis próximo ao centro...

Mario Obrero presenta o libro ‘Con e de curcuspín’ este 26 de maio na Pobra do Brollón

Con e de curcuspín é un ensaio no que a reflexión lingüístico-literaria mestúrase coa...

Un ferido nun accidente de tráfico na LU-109 en Monforte de Lemos

Un condutor resultou ferido este sábado en Monforte de Lemos ao impactar contra unha árbore o...