HomesociedadePavimento de chapacuña no núcleo de Seceda

Pavimento de chapacuña no núcleo de Seceda

O Goberno local do Concello de Folgoso do Courel vén de executar a obra de pavimento de chapacuña no núcleo de Seceda e muro na praza Alto de Vilela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actuación levouse a cabo con cargo ao Plan Único de Cooperación cos Concellos da Deputación de Lugo e con fondos propios do Concello e supuxo un investimento total de 32.902,43 euros.

As obras foron adxudicadas a finais do mes de xullo á empresa Construcciones Touzón y Fernández S.L. por ser a mellor oferta das que se presentaron. O prazo de execución dos traballos fixouse en seis semanas, tendo que estar rematadas antes do 30 de setembro do presente ano. A alcaldesa, Lola Castro, e o concelleiro de obras, José Antonio López Rodríguez, supervisaron os traballos, que xa están case finalizados.

Desde o Goberno local valoran a importancia desta actuación que permite manter o patrimonio en bo estado e preservar a estética tradicional do empedrado das rúas. “A obra supón unha aposta por preservar a identidade do pobo de Seceda, que ademais trae consigo unha importante mellora de cara a súa conservación futura”.

Seceda / concello de Folgoso do Courel

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...