A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo e Deputada Autonómica, Patricia Otero, anuncia que rexistrou diversas iniciativas no Parlamento de Galicia para reclamarlle ao Goberno de Feijóo explicacións sobre este asunto. Segundo afirmou, a situación pode provocar situacións desastrosas na atención sanitaria da Comarca, “xa que si o vehículo medicalizado ten que saír a atender un paciente con COVID, como nestes dias acontece no Incio, o seu servizo pode retrasarse ata dúas horas e media, xa que teñen que realizarse labores de desinfección”.
Así as cousas advirte da situación de recortes na asistencia médica en Sarria. “Algunha veciña xa ten denunciado realizar máis de 23 chamadas rexistradas no seu móbil para conseguir unha cita para o centro médico. Ademais, a día de hoxe permanece pechado o Centro de Saúde de Oural, que obriga a varios centos de veciños e veciñas que teñen algunha necesidade sanitaria a desprazarse ata Sarria. En moitos casos xente de idade avanzada que non dispón de medio de transporte co agravante da escasa cobertura de servizos de autobús”, lamentou.
A Deputada explica, que tal como xa denunciou o Grupo Socialista de Sarria, unha veciña tivo que esperar durante unha hora a que chegara a ambulancia para ser trasladala a un centro médico.
Preguntas no Parlamento de Galicia
Por todo isto a Deputada Autonómica quere coñecer “cales foron os motivos polo que a ambulancia tardou en chegar a Sarria, ao lugar do atropelo, unha hora?. Si a Xunta de Galicia considera que a comarca de Sarria conta con servizos sanitarios suficientes?, e si cree que a comarca de Sarria conta cos medios precisos para dar resposta ás emerxencias sanitarias?”.