Aberto o prazo de inscrición na escola municipal de música do concello de Monforte

Dede este 17 de setembro está aberto o prazo de inscrición na Escola Municipal de Música de Monforte para o curso 20-21

Ensaios no Auditorio do Multiusos de Monforte. Foto: Consevatorio de Música 'Mestre Ibáñez'.

Para realizar a inscrición os interesados deberán dirixirse á Secretaría do Edificio Multiusos en horario de mañá entre as 10:00 e as 13:00 horas, ou en horario de tarde entre as 17:00 e as 19:00 horas.  Tamén é posible a inscrición a través da sede electrónica do Concello, neste enlace.

Dende o Concello infórmase que os/as alumnos/as terán que cumprir estritamente as normas do protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 indicadas na circular informativa, que se lles entregará no momento da inscrición.

Especialidades musicais ofertadas: 

  • Música e Movemento (nenos entre 4 e 5 anos)
  • Percusión ( bateria, percusión)
  • Percusión galega (pandeireta, tamboril, bombo, pandeiro)
  • Teclado 
  • Acordeón
  • Guitarra españolaGuitarra eléctrica
  • GaitaClarineteFrauta traveseiraSaxofón.
  • TrompaTrompetaTrombón de varasTuba

En música, completarase a ensinanza instrumental con clases de linguaxe musical, así como participación en grupos colectivos que se organicen na Escola.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here