HomesociedadeAbraham Cupeiro presenta en Salcedo o seu novo disco Pangea

Abraham Cupeiro presenta en Salcedo o seu novo disco Pangea

Este venres o multiinstrumentista Abraham Cupeiro presentará o seu novo disco, Pangea. O evento será ás 20:30 no Local Multiusos de Salcedo, na Pobra do Brollón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O musicólogo sarrián, que ten sido descrito como ‘o home que resucita a música da prehistoria’, tocará máis de 20 instrumentos que interpretou xunto á Royal Philarmonic Orchestra de Londres para o seu disco Pangea, gravado baixo o selo Warner Classics a finais de 2019.

Os asistentes escoitarán instrumentos ancestrais de todo o mundo, dende China ata o Amazonas; algúns tan peculiares como o karnyx, unha trompeta celta da Idade do Ferro, ou o evocador duduk, orixinario do este de Europa.

Cupeiro presentará cada instrumento e buscará crear un serán espontáneo no que o público tamén pode participar facendo preguntas.

O evento é organizado polo Concello da Pobra do Brollón en colaboración coa Asociación Veciñal de Salcedo. A entrada é libre ata completar aforo. Respectaranse as medidas de seguridade e hixiene, e o uso de máscara é obrigatorio.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...