HomesociedadeOs socialistas esixen no Parlamento a reapertura do centro médico de Oural

Os socialistas esixen no Parlamento a reapertura do centro médico de Oural

A atención sanitaria no concello de Sarria vén sufrindo nos últimos tempos unha degradación constante, segundo apuntan os socialistas, "ata o máis básico, como é conseguir unha cita no centro médico convértese nunha odisea. Algunha persoa veciña ten denunciado realizar máis de 23 chamadas rexistradas no seu móbil para conseguir unha cita para o centro médico."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A esta situación súmase que neste concello permanece pechado o Centro de Saúde de Oural, que dispoñía dun consultorio, con persoal para atender a unha consulta médica, ata o ano 2011 en que foi pechado polo Goberno da Xunta de Galicia. A atención ofrecida nese consultorio incluía non so ás persoas desta parroquia, senón de ata 8 parroquias adxacentes, acumulando un volume de pacientes en torno aos 1200.

Oural está a máis de 9 quilómetros do Centro de Saúde de Sarria, que lle corresponde agora aos veciños e veciñas desta parroquia, ao que cabe engadir a non existencia dun transporte público que permita este traslado con relativa facilidade. “Si a isto se engaden variables demográficas, como o avellentamento da poboación, a importancia de reabrir o consultorio pódese entender de maneira máis clara”, apuntan desde o PSOE.

“O peche sorpresivo, no ano 2011, polo goberno popular de Núñez Feijóo, do Centro de saúde de Oural é outro claro exemplo do desmantelamento da sanidade pública por parte da Xunta de Galicia, a pesar de estar obrigada a ofrecer a todos os galegos e galegas unha sanidade pública de calidade e eficaz,” sinalan os socialistas.

Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno, que o Parlamento inste á Xunta de Galicia a:

  1. Iniciar os trámites para a apertura dun novo consultorio sanitario na parroquia de Oural que poida cubrir a necesidade de atención primaria na contorna.
  2. Garantir a correcta atención primaria no concello de Sarria, dotando a estes servizos médicos dos profesionais sanitarios precisos para que a veciñanza de Sarria poida ser atendida con todas as garantías médicas.

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...